saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego celebrada o 5 de setembro

 

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 5 de setembro de 2024, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 544 (12/PNC-000035)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e 8 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego da creación dun programa específico de apoio á inserción sociolaboral das persoas con discapacidade

BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

- Creación dun programa específico que apoie o emprendemento das persoas con discapacidade, co obxectivo de mellorar a súa inserción socio-laboral.

 

- Establecer criterios diferenciadores claros entre os centros especiais de emprego de inserción social sen ánimo de lucro e os centros de iniciativa empresarial incrementando o control para evitar o uso fraudulento das fórmulas de economía social."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 536 (12/PNC-000031)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego da creación dun sistema de información dirixido a profesionais e pacientes sobre os ensaios clínicos que se desenvolven en Galicia

BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a crear un sistema de información que permita a todos os profesionais e pacientes galegos coñecer a totalidade de ensaios clínicos que se están a desenvolver en Galicia co obxecto de poder solicitar, de ser o caso, o seu acceso aos mesmos."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina