A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 5 de setembro de 2024, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 544 (12/PNC-000035)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 8 máis
Sobre a demanda ao Goberno galego da creación dun programa específico de apoio á inserción sociolaboral das persoas con discapacidade
BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
- Creación dun programa específico que apoie o emprendemento das persoas con discapacidade, co obxectivo de mellorar a súa inserción socio-laboral.
- Establecer criterios diferenciadores claros entre os centros especiais de emprego de inserción social sen ánimo de lucro e os centros de iniciativa empresarial incrementando o control para evitar o uso fraudulento das fórmulas de economía social."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 536 (12/PNC-000031)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
Sobre a demanda ao Goberno galego da creación dun sistema de información dirixido a profesionais e pacientes sobre os ensaios clínicos que se desenvolven en Galicia
BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a crear un sistema de información que permita a todos os profesionais e pacientes galegos coñecer a totalidade de ensaios clínicos que se están a desenvolver en Galicia co obxecto de poder solicitar, de ser o caso, o seu acceso aos mesmos."