Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 9602 (12/PNC-000932)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Campero Dorado, Cristina e 14 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que proceda a materializar determinadas modificacións fiscais no ámbito da actividade forestal
BOPG n.º 72f2, do 28.08.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar ao Ministerio de Facenda unha maior flexibilidade fiscal no IRPF e, no imposto de Sociedades, que permita unha mellora da xestión forestal no territorio do Estado. De xeito paralelo, tamén insta a demandar ao Ministerio de Economía o desenvolvemento dun plan sectorial contable para o sector forestal que permita acadar o resultado contable da actividade forestal ao real, de xeito que se tribute de forma máis xusta e de acordo coa capacidade de renda xerada, tal como establece a Constitución Española."