saltar ao contido

O Parlamento galego contará cunha sala dedicada ao escritor e xornalista Curros Enríquez

 

 

  • Á proposta da Presidencia da Cámara autonómica, nomearase a Sala de Prensa do edificio do Pazo do Hórreo

 

 

Santiago, 17 de setembro de 2024.-  Á proposta da  Presidencia do Parlamento de Galicia, e trala reunión da Mesa e da Xunta de Portavoces, acordouse dedicar a Sala de Prensa da Cámara galega ao escritor e xornalista ourensán Manuel Curros Enríquez, que se suma así ás que nomean destacadas personalidades como Otero Pedrayo, Castelao, Pardo Bazán ou Concepción Arenal, entre outras.

 

A súa traxectoria como xornalista e cronista parlamentario amparan a decisión de incorporalo á lista de galegas destacados que nomean as distintas salas de traballo do Parlamento.

 

Manuel Curros Enríquez está considerado unha das voces fundamentais do Rexurdimento. Xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal conforman un grupo imprescindible para entender a recuperación da lingua e literatura galegas.

​​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina