A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 1 de outubro de 2024, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 8512 (12/PNC-000876)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fidalgo Iglesias, Miguel e 7 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de que desista da promoción de iniciativas restritivas do consumo de peixe e de conservas, así como de que reconsidere a exclusión do peixe e do marisco da rebaixa do IVE
BOPG n.º 68, do 21.08.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España
para que adopte as seguintes medidas:
1º- Renuncie a calquera iniciativa dirixida a restrinxir o consumo de peixes e conservas -en particular a pretendida limitación destes alimentos nas racións dos comedores escolares- por ser contraria ás recomendacións científicas que aconsellan promover unha dieta saudable entre as persoas consumidoras, especialmente entre as xeracións máis novas.
2º- Reconsidere a súa decisión de excluír aos peixes e mariscos da rebaixa do IVE que se aplica a outros alimentos básicos e promova accións e campañas específicas dirixidas a incentivar o consumo de produtos do mar en atención ás súas bondades nutricionais e para impulsar a actividade e ingresos do sector marítimo-pesqueiro, nun contexto de redución da demanda."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 500 (12/PNC-000022)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxectivo de que active as medidas de flexibilidade, simplificación e exencións previstas no desenvolvemento da normativa europea para o control da pesca
BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 15 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Dirixirse ao Goberno central para que active as medidas de flexibilidade, simplificación e exencións previstas no regulamento de control da pesca."