A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 10 de outubro de 2024, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 11058 (12/PNC-001047)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Abalde Alonso, Julio Ernesto e Longueira Castro, Silvia
Sobre as demandas de cobertura docente que debe atender a Xunta de Galicia no CPI Cernadas de Castro, de Lousame
BOPG n.º 88f1, do 20.09.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a asignación ao CPI de Cernadas de Castro de Lousame do profesorado especialista e coidadores que permita manter, ao menos, as mesmas prestacións dos cursos anteriores ao alumnado con NEAE, tal e como se ven facendo".
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 10233 (12/PNC-000963)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Suárez, Cecilia e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de reclamarlle o cumprimento de compromisos adquiridos relativos á ampliación das pasarelas de recoñecemento de créditos entre as ensinanzas de grao superior e a formación profesional
BOPG n.º 81f2, do 11.09.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno do Estado que cumpra cos compromisos adquiridos e realice os trámites necesarios, en colaboración coas Comunidades Autónomas, para crear pasarelas de recoñecemento de créditos entre as ensinanzas de formación profesional de grado superior e os títulos oficiais de grado para facilitar a mobilidade do alumnado recoñecendo a formación previamente adquirida en ambos sentidos."
- 11243 (12/PNC-001064)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que dote o IES Ferrol Vello do mesmo número de docentes que o curso anterior e dun pavillón para Educación Física
BOPG n.º 91f2, do 25.09.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O parlamento insta a Xunta de Galiza a dotar ao IES Ferrol Vello dun cadro docente de 20 persoas tal como existía no curso anterior, así como a facer as xestións oportunas para dotalo tamén do necesario pavillón."