saltar ao contido

A Mesa autorizou por unanimidade a gravación da mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta no Parlamento

 

• A Xunta solicitou por rexistro ao Parlamento a utilización dese espazo, para render homenaxe á Cámara na celebración do seu 30 aniversario, solicitude que recibiu a autorización unánime, é decir a de todos os membros de Mesa
 

Santiago, 2 de xaneiro de 2011.- A Mesa do Parlamento de Galicia autorizou, por unanimidade, na reunión do pasado 21 de decembro, a gravación da mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta no Hemiciclo da Cámara.
 
O Gabinete do presidente da Xunta solicitou, mediante un escrito ao que se deu entrada a través do rexistro da Cámara, a utilización do Hemiciclo para a gravación da mensaxe de fin de ano e render, deste xeito, unha “homenaxe expresa” ao Parlamento de Galicia no seu 30 aniversario. E a solicitude foi autorizada pola unanimidade de todos os membros da Mesa da Cámara.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina