saltar ao contido

A presidenta do Parlamento recibe ao delegado do Goberno e aposta polo diálogo institucional, “que sempre é bo para os cidadáns”

 
• Pilar Rojo cree que Samuel Juárez “será un gran delegado do Goberno”
 
 
Santiago, 25 de xaneiro de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá ao delegado do Goberno en Galicia, Samuel Júarez, na que foi a primeira visita institucional deste á Cámara galega.
 
En declaracións aos medios, ao remate do encontro, Rojo Noguera reiterou os seus desexos de éxito ao novo delegado do Goberno, de quen destacou que a “a súa capacidade de traballo e o seu rigor profesional” levarán a Samuel Juárez a ser “un gran delegado do Goberno”.
 
Pilar Rojo tamén se amosou convencida de que Parlamento de Galicia e Delegación do Goberno “saberemos cultivar ese diálogo insitucional que sempre é tan bo para as institucións pero, sobre todo, para os cidadáns aos que nos debemos e representamos”.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina