Pilar Rojo recibe ao embaixador de Bélxica en España

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara galega ao embaixador de Bélxica en España, Jan de Bock, que acudiu acompañado polo cónsul de Bélxica para Galicia e Asturias, Juan Antonio Quiroga.

No transcurso da visita, o embaixador asinou no libro de ouro do Parlamento de Galicia.
 
 

Imaxes relacionadas