• Reunirase tamén con eurodiputados galegos e co presidente do Parlamento Europeo
Santiago, 19 de marzo de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, participará mañá martes, 20 de marzo, en Bruxelas, nunha reunión do Comité Permanente da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais de Europa (CALRE).
A titular do lexislativo galego coordina, no seo da CALRE, un grupo de traballo sobre modelos institucionais, proxecto que será abordado nesa xuntanza.
Pilar Rojo aproveitará o seu desprazamento á capital comunitaria para manter unha reunión cos eurodiputados galegos. Ademais, Pilar Rojo, presidenta saínte da COPREPA, e mailo presidente do Parlamento de Extremadura e da CALRE, Fernando Manzano, serán recibidos polo presidente do Parlamento Europeo, Martin Schultz, antes de emprender viaxe de regreso.
Integrada polos parlamentos de 74 rexións europeas con competencias lexislativas, da CALRE forman parte os órganos lexislativos das comunidades autónomas españolas, consellos rexionais italianos, asambleas de rexións e comunidades belgas, os parlamentos dos länder alemáns e austríacos, o parlamento autónomo de Åland (Finlandia), as asambleas rexionais das illas Azores e Madeira (Portugal) e as de Escocia, Gales e Irlanda do Norte (Reino Unido). Son en suma, órganos de oitos países diferentes e representan a máis de 200 millóns de habitantes. O presidente da Asemblea de Extremadura, Fernando Manzano, é o actual presidente da CALRE.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia