saltar ao contido

Entroido

Un dos grandes temas de Alfonso Sucasas Guerra é o tempo das mascaradas, dende finais do mes de decembro até o gran martes de entroido, con disfraces e máscaras, celebración festiva de fonda raizame no sentir das nosas xentes. Entroido amosa xente disfrazada con roupas vellas, e nun segundo plano outras figuras que transmiten ledicia e a retranca cos rostros e os xestos, unha expresión moi súa. Son obras con orientación social, agochada debaixo de formas de costumismo finxido, cunha linguaxe transcendida.


Uno de los grandes temas de Alfonso Sucasas Guerra es el tiempo del carnaval, desde finales del mes de diciembre hasta el gran martes de carnaval, con disfraces y máscaras, celebración festiva y de hondas raíces de nuestra gente. Entroido, muestra gente disfrazada con viejos ropajes y en un segundo plano otras figuras que transmiten alegría y retranca c on sus rostros y gestos, una expresión muy suya. Son obras con orientación social, escondida bajo las formas de un costumbrismo fingido, con un leguaje transcendido.

Autor Alfonso Sucasas Guerra
Data/Fecha Sen datar/Sin datar
Medidas 114x195 cm
Técnica|Material Óleo, lenzo/lienzo
Tipo Pintura
* Colección Parlamento de Galicia

Alfonso Sucasas Guerra, nacido en Goiás, Lalín (Pontevedra) en 1940, foi un dos grandes da neofiguración plástica expresionista, dende a fonda raiceira da terra e as xentes do interior galego. Tras os primeiros estudos na Escola de Artes e Oficios de Pontevedra, o seu camiño na arte quedou inicialmente truncado ao non poder acceder á Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, fuxindo para Venezuela, e ao pouco vaise para São Paulo, Brasil. Coñece o gran pintor Cándido Portinari (1903-1962), co que, ademais de perfeccionar a súa formación pictórica, aprende a disciplina do debuxo e sentido da composición, absorbendo a esencia do seu estilo dende o muralismo e a pintura social. Cando volve en 1968 os ambientes das tabernas e das partidas de cartas son tema dabondo, cos paisanos do mundo deste interior do rural, e os ciclos anuais da relixiosidade, centro dende entón da súa plástica pictórica.

Un dos seus grandes temas é o tempo das mascaradas, dende finais do mes de decembro até o gran martes de entroido, con disfraces e máscaras, celebración festiva de fonda raizame no sentir das nosas xentes. Así, o Antroido, da colección do Parlamento, firmada e datada 'Sucasas.88'. A figura principal dela é unha muller disfrazada que encabeza unha comparsa popular. Ela e o grupo de músicos, tamén disfrazado, son o cortexo anunciador deste gran balbordo do ciclo festivo anual, festa rachada de seu, cerne do país galego. Mais Sucasas introduce outras figuras con vestimentas de cidade, o que lle dá á obra discurso dende a tensión bipolar. Hai outra, Entroido,coa xente disfrazada con roupas vellas, e nun segundo plano outras figuras que transmiten ledicia e a retranca cos rostros e os xestos, unha expresión moi súa. Son obras con orientación social, agochada debaixo de formas de costumismo finxido, cunha linguaxe transcendida. Así na Magdalena, de 1986. Outras tres obras súas do Parlamento son as Follas, que revelan outro xeito de proceder, nun acaído xogo de gamas cromáticas cálidas e frías. As súas curvilíneas formas teñen moito de láminas escultóricas metálicas, nun espazo indefinido. Así tamén o seu Tríptico das follas, formas que se achegan á abstracción no Tríptico da árbore, de 1986. Neles vese a súa boa man no debuxo, mais expuxo apenas en galerías.

Alfonso Sucasas Guerra, nacido en Goiás, Lalín (Pontevedra) en 1940, fue uno de los grandes de la neofiguración plástica expresionista, desde las hondas raíces de la tierra y de las gentes del interior gallego. Tras los primeros estudios en la Escuela de Artes y Oficios de Pontevedra, su camino en el arte quedó inicalmente truncado al no poder acceder a la Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, huyendo a Venzuela para marcharse al poco tiempo a São Paulo, Brasil. Conoce al gran pintor Cándido Portinari (1903-1962), con el que, ademas de perfeccionar su formación pictórica, aprende la disciplina del dibujo y el sentido de la composición. absorbiendo la esencia de su estilo desde el muralismo y la pintura social. Cuando vuelve el 1968 los ambientes de las tabernas y de laspartidad de cartas son tema suficiente, con los paisanos del mundo de este interior rural y los cicloa anuales de la religiosidad, centro desde entonces de su plástica pictórica.

Uno de sus grandes temas es el tiempo del carnaval, desde finales del mes de diciembre hasta el gran martes de carnaval, con disfraces y máscaras, celebración festiva y de hondas raíces de nuestra gente. Así es el Antroido de la colección del Parlamento, firmada y datada 'Sucasas.88'. La figura principal es una mujer disfrazada que encabeza una comparsa popular. Ella y el grupo de músicos, también disfrazado, son el cortejo anunciador de esta algarabía del ciclo festivo anual,una gran fiesta que reside en el corazón del país gallego. Pero Sucasas introduce otras figuras con vestimentas de ciudad, lo que le da a la obra discurso desde la tensión bipolar. Hay otra, Entroido, con la gente disfrazado con viejos ropajes y en un segundo plano otras figuras que transmites alegría y la retranca son sus rostros y gestos, una expresión muy suya. Son obras con orientación social, escondida bajo las formas de un costumbrismo fingido, con un leguaje transcendido. esto es así en la obra Magdalena, de 1986. Otras tres obras del Parlamento son Follas, que revelan otra forma de proceder, en un acaído juego de gamas cromáticas cálidas y frías. Sus formas curvilíneas tienen mucho de láminas escultóricas metálicas en un espacio indefinido. Así también es su Tríptico das follas y formas que se acercan a la abstracción en su Tríptico da árbore de 1986. En ellas se ve su buena mano para el dibujo, pero apenas espuso en galerías.

saltar ao pe de páxina