saltar ao contido

Zapato roxo

Autor Alfonso Costa Beiro
Data/Fecha 1986
Medidas 145x91 cm
Técnica|Material Óleo, lenzo/lienzo
Tipo Pintura
* Colección Parlamento de Galicia

Alfonso Costa Beiro (Noia, n. 1943), viviu en Barcelona dende a súa adolescencia, e que medra nunha familia na que varios dos irmáns son pintores. Na súa primeira exposición en 1967 o crítico Rodríguez Aguilera, de profesión xurista, fixarase nel, e impúlsao no medio artístico catalán, obtendo a bolsa de estudos da Banca March, coa que vai a Florencia, en Italia. Estas terras da Toscana foron decisivas na súa formación. Á volta realiza un gran mural entre 1981-1984 no Instituto Frenopático de Barcelona; e o chantadino Xavier Costa Clavell dedicoulle unha monografía. En 1985 o Ministerio de Cultura concédelle unha bolsa,e neste mesmo ano o Concello de Noia faille entrega da medalla da Vila, pintando a cúpula do Liceo. Deste momento é a obra súa do Parlamento,Zapato roxo, de 1986, un óleo sobre tea asinado con fino trazo e en minúscula. Son figuras que se apertan sentadas nunha butaca, unha parella, mais sen que a cabeleira defina os xéneros, agás nun primeiro termo, polas pernas e as cadeiras, ademais do zapato de cor vermella, que lle dá nome á obra. Nela utiliza o artista esa linguaxe pictórica súa, tan evanescente, e con deformacións ao xeito de Bacon. Esta é unha práctica que continuará a facer até a primeira década do noso século: un poderío físico animal na parte inferior do corpo e un estudo esvaído na parte do tronco, o que lle confire unha expresividade conceptualizada.

A súa versatilidade é notable, facendo tamén gravados, carteis e ilustracións de capas de libros. Expón por toda España, e acada premios en Barcelona, A Coruña, Istednd (Bélxica), Palma, Jaén ou Córdoba, sendo algún deles relacionados co deporte. Fixéronlle exposicións antolóxicas en 2005 no Palacio de Fonseca e na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. A Deputación da Coruña dedicoulle un libro, sendo un recoñecemento recente unha exposición itinerante que se amosou en Vigo, Pontevedra e Ourense en 2010.

Alfonso Costa Beiro (Noia, n. 1943), vivió en Barcelona desde su adolescencia, y crece en una familia en la que varios de sus hermanos son pintores. En su primera exposición en 1967 el crítico Rodríguez Aguilera, de profesión jurista, se fijará en él, y lo impulsa en el medio artístico catalán, obteniendo la beca de estudios de Banca March, con la que se va a Florencia, en Italia. Estas tierras de la Toscana fueron decisivas en su formación. A la vuelta realiza un gran mural entre 1981-1984 en el Instituto Frenopático de Barcelona; y el chantadino Xavier Costa Clavell le dedica una monografía. En 1985 el Ministerio de Cultura le concede una beca, y este mismo año el Ayuntamiento de Noia le hace entrega de la medalla de la Vila, pintando la cúpula del Liceo. De este momento es su obra del Parlamento, Zapato roxo, de 1986, un óleo sobre tela firmado con fino trazo y en minúscula. Son figuras que se abrazan sentadas en una butaca, una pareja, pero sin que la cabellera defina los géneros, excepto en un primer término, por las piernas e las caderas, además del zapato de color rojo, que le da nombre a la obra. En ella utiliza el artista ese lenguaje pictórico propio, tan evanescente, y con deformaciones al estilo de Bacon. Esta es una práctica que continuará haciendo hasta la primera década de nuestro siglo: un poderío físico animal en la parte inferior del cuerpo y un estudio difuminado en la parte del tronco, lo que le confiere una expresividad conceptualizada.

Su versatilidad es notable, haciendo también grabados, carteles e ilustraciones de capas de libros. Expone por toda España, y consigue premios en Barcelona, A Coruña, Istednd (Bélgica), Palma, Jaén o Córdoba, siendo alguno de ellos relacionados con el deporte. Le hicieron exposiciones antológicas en 2005 en el Palacio de Fonseca y en la Iglesia de la Universidade de Santiago de Compostela. La Diputación de A Coruña le dedicó un libro, siendo un reconocimiento reciente una exposición itinerante que se mostró en Vigo, Pontevedra y Ourense en 2010.

saltar ao pe de páxina