saltar ao contido

Gondomar

Autor Xabier Rodríguez Gómez sobre serigrafía de Virxilio Fernández Cañedo
Data/Fecha 2004
Medidas 190x180 cm
Técnica|Material Reposteiros/Reposteros
Tipo Reposteiro/Tapiz
* Colección Parlamento de Galicia

Inspirado na obra de Virxilio Fernández Cañedo, Diego Sarmiento de Acuña Conde de Gondomar, realiza o tapiz que preside a significada sala la deputación permanente Xabier Rodríguez Gómez (Vigo, 1961). En 1983, en Cedeira, forma xunto con Fina Sedes 'Tapices Galicia'. Despois dunha longa etapa de formación con diversos artistas e artesáns, marcha a Barcelona onde comeza a súa profesionalización do tapiz da man do mestre Clemente Condor. A súa obra está practicamente dedicada a Galicia, á súa arte, xente e cultura.

Parándonos a analizar o mencionado tapiz, observamos que na banda de enmarque, sobre fondo verde, corre unha inscrición en letras capitais e cor vermella dividida en tres partes na que se le 'en 1613 chega a Portmouth como embaixador', di a primeira, 'en Londres e négase a abater os estandartes de', que continúa 'España ante os do rei de Inglaterra.', e a continuación unha serie de siglas en cores, iniciais dun nome. No lado inferior dereito hai un grupo de nobres, dúas mulleres e dous homes, ataviados con roupas de comezos do século XVII, entre os que se destaca un, con espada desenvaiñada, que nos mira. Ao lado dos seus pés vai a sinatura do artista da obra orixinal, 'vfc', iniciais do seu nome en minúsculas. O famoso nobre, que foi embaixador de España, viviu entre 1567 e 1626, e chamóuselle o Maquiavelo español, segundo se ten escrito na historiografía inglesa, e foi admirado e temido nas chancelerías europeas. Foi o Defensor do Voto en Cortes para o Antigo Reino de Galicia, demanda conseguida en 1622 xa co Rei Felipe IV, e foi ademais un mecenas das artes e das letras, erudito e bibliófilo, cuxa gran biblioteca está hoxe na Real Biblioteca de Madrid. O campo do tapiz está dominado por tres galeóns coas velas e os pendóns ao vento con proa cara a terra, onde hai un compacto burgo. O vizoso velame está decorado con fusos e losanxes, e o mar aparece picado, con bandas azuis en dous tons nas que engade esas pequenas volutas súas tan características a modo de ronsel. A imaxe do tapiz está baseada no primeiro dos debuxos que conforman unha carpeta de serigrafías que Virxilio Fernández dedicou a aquel célebre nobre galego da época do Rei Filipe III Habsburgo. Constaba de catro follas, que foron estampadas por Carlos González Villar no seu taller de Tamallancos, Vilamarín (Ourense) nos meses de verán de 1992. Trátase dunha obra histórica que, dende a súa orixe no papel, pasando pola serigrafía, muda a escala no tapiz para acadar un nivel representativo dende un persoeiro varal na historia de España, con condado no contorno do Val Miñor e da vila Real de Baiona, e o seu importante porto, nos que o seu pai gobernou.

Inspirado en la obra de Virxilio Fernández Cañedo, Diego Sarmiento de Acuña Conde de Gondomar, realiza el tapiz que preside la significada sala de la diputación permanente Xabier Rodríguez Gómez (Vigo, 1961). En 1983, en Cedeira, forma junto con Fina Sedes “Tapices Galicia”. Después de una larga etapa de formación con diversos artistas y artesanos, se marcha a Barcelona donde comienza su profesionalización del tapiz de la mano del maestro Clemente Condor. Su obra está prácticamente dedicada a Galicia, a su arte, gente y cultura.

Parándonos a analizar el mencionado tapiz, observamos que en la banda de enmarque, sobre fondo verde, corre una inscripción en letras capitales y color rojo dividido en tres partes en la que se lee 'en 1613 llega a Portmouth como embajador', dice la primera, 'en Londres y se niega a abatir los estandartes de', que continúa 'España ante los del rey de Inglaterra.', y a continuación una serie de siglas en colores, iniciales de un nombre. En el lado inferior derecho hay un grupo de nobles, dos mujeres y dos hombres, ataviados con ropas de comienzos del siglo XVII, entre los que se destaca uno, con espada desenvainada, que nos mira. Del lado de sus pies va la firma del artista de la obra original, 'vfc', iniciales de su nombre en minúsculas. El famoso noble, que fue embajador de España, vivió entre 1567 y 1626, y se le llamó el Maquiavelo español, según se ha escrito en la historiografía inglesa, y fue admirado y temido en las chancelerías europeas. Fue el Defensor del Voto en Cortes para el Antiguo Reino de Galicia, demanda conseguida en 1622 ya con el Rey Felipe IV, y fue además un mecenas de las artes y de las letras, erudito y bibliófilo, cuya gran biblioteca está hoy en la Real Biblioteca de Madrid. El campo del tapiz está dominado por tres galeones con las velas y los pendones al viento con proa hacia tierra, donde hay un compacto burgo. El velamen está decorado con husos y losanges, y el mar aparece picado, con bandas azules en dos tonos en las que añade esas pequeñas volutas sus tan características a modo de estela. La imagen del tapiz está basada en el primero de los dibujos que conforman una carpeta de serigrafías que Virxilio Fernández dedicó a aquel célebre noble gallego de la época del Rey Felipe III de Habsburgo. Constaba de cuatro hojas, que fueron estampadas por Carlos González Villar en su taller de Tamallancos, Vilamarín (Ourense) en los meses de verano de 1992. Se trata de una obra histórica que, desde su origen en el papel, pasando por la serigrafía, muda a escala en el tapiz para alcanzar un nivel representativo desde una figura fundamental en la historia de España, con condado en el entorno del Val Miñor y de la villa Real de Baiona, y su importante puerto, en los que su padre gobernó.

saltar ao pe de páxina