saltar ao contido

Escea de xénero

Autor Francisco Lloréns Díaz
Data/Fecha Sen datar / Sin datar
Medidas 30x45 cm
Técnica|Material Óleo, Lenzo/Lienzo
Tipo Pintura
* Colección Parlamento de Galicia

O coruñés Francisco Lloréns Díaz (1874-Madrid, 1960), polifacético artista que gustou da bohemia e foi un animoso divulgador da paisaxe galega, á que pinta cunha escenografía que ten moito de teatral, dándolle un ar sentimental e romántico. Moi precoz, dende a Escola de Artes e Oficios, con quince anos ingresa na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, e é compañeiro de Gutiérrez Solana, sendo alumnos de Carlos de Haes. Nestes anos pinta no Museo del Prado, do que foi copista, especializándose en Murillo e Velázquez, da escola española, e Rubens, da flamenca, todos artistas da época do Barroco. A influencia de Sorolla, no taller do cal traballou, dálle unha técnica con grandes recursos, sendo a luz e o seu tratamento unha das súas características. En 1899 gaña o concurso para ter a bolsa da Academia de España en Roma, e alí estará catro anos, para pasar a Bruxas (Bélxica), onde vive un ano; en 1906 regresa á Coruña.

Desta fase da súa vida é Escea de xénero,óleo sobre lenzofirmado na parte inferior dereita, e datado entre 1903-1904. Trátase dunha escena nunha praza, con mulleres vendedoras de peixe sentadas ante grandes cestos cilíndricos co produto, e outras mulleres de pé que miran con movementos calmos. O artista ocupa o espazo coas figuras e os elementos deste especializado mercado protagonizado por mulleres, que foi o que lle chamaría a atención, coas súas vestimentas escuras, abrindo a escena cara ao fondo, e a casa de cores cálidas. Esta escena de xénero é un campo formativo no que non persevera, pois implicarase no concreto da súa terra, pintándoa, espallando o seu encanto e calidades, as súas cores, luces e horizontes, e aproximándose aos recunchos elixidos cunha sinxeleza propia dunha persoa que a ama fondamente.

El coruñés Francisco Lloréns Díaz (1874-Madrid, 1960), polifacético artista bohemio que fue un animoso divulgador del paisaje gallego, al que pinta con una escenografía que tiene mucho de teatral, dándole un aire sentimental y romántico. Muy precoz, desde la Escuela de Artes y Oficios, con quince años ingresa en la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, y es compañero de Gutiérrez Solana, siendo alumnos de Carlos de Haes. En estos años pinta en el Museo del Prado, del que fue copista, especializándose en Murillo y Velázquez, de la escuela española, y Rubens, de la flamenca, todos artistas de la época del Barroco. La influencia de Sorolla, en el taller del cual trabajó, le da una técnica con grandes recursos, siendo la luz y su tratamiento una de sus características. En 1899 gana el concurso para conseguir la beca de la Academia de España en Roma, y allí estará cuatro años, para pasar la Brujas (Bélgica), donde vive un año; en 1906 regresa a Coruña.

De esta fase de su vida es Escea de xénero, óleo sobre lienzo firmado en la parte inferior derecha, y datado entre 1903-1904. Se trata de una escena en una plaza, con mujeres vendedoras de pescado sentadas ante grandes cestos cilíndricos con el producto, y otras mujeres de pie que miran con movimientos calmados. El artista ocupa el espacio con las figuras y los elementos de este especializado mercado protagonizado por mujeres, que fue lo que le llamaría la atención, con sus atuendos oscuros, abriendo la escena hacia el fondo, y la casa de colores cálidos. Esta escena de género es un campo formativo en el que no persevera, pues se implicará en el concreto de su tierra, pintándola, difundiendo su encanto y calidades, sus colores, luces y horizontes, y aproximándose a los rincones elegidos con una sencillez propia de una persona que la ama profundamente.

saltar ao pe de páxina