saltar ao contido

José Manuel Balseiro Orol

Nacemento: Ferreira do Valadouro - 1962

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de Lugo
Lugo
Contacto:

Biografía:

Reside na localidade de San Cibrao (Cervo), onde é concelleiro. No ámbito orgánico, exerce como coordinador xeral e como voceiro do Partido Popular na provincia de Lugo.

Foi deputado no Parlamento de Galicia por esa mesma provincia nas VII, VIII, IX, X e XI lexislaturas. No último mandato exerceu como presidente da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, e como portavoz da área de Infraestruturas e Mobilidade. Desde o ano 2009 ata o 2016 foi secretario da Mesa do Parlamento de Galicia e, dentro do Grupo Popular, responsabilizouse da portavocía do Mar, de Montes e Incendios.

Foi delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo entre os anos 2016 e 2020. No ámbito profesional, foi director comercial dunha empresa de distribución por groso durante dezaseis anos e coordinador do equipo de venda en España e Portugal.

Imaxe de José Manuel Balseiro Orol

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Marzo de 2024
Luns
18
11:00
saltar ao pe de páxina