Rosa Oubiña Solla

Nacemento: Cambados - 1961

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrción de Pontevedra
Pontevedra
Contacto:

Biografía:

É viticultora. Traballou como autónoma ata a súa toma de posesión no Parlamento. Realizou cursos de capacitación agraria e cooperativismo.

Do ano 1989 ao 1992 foi presidenta de Novas Xeracións en Cambados. Presentouse na candidatura do PP ao Concello de Cambados e no ano 1991 tomou posesión como concelleira. Dende o ano 1998 ata xuño de 2007 foi tenente de alcalde e concelleira delegada de Cultura, Muller, Servizos Sociais e Xuventude. Durante eses anos como concelleira formou parte da Fundación Valle-Inclán e foi membro fundador da Fundación Plácido Castro.

No ano 2007 tomou posesión como deputada no Parlamento de Galicia e formou parte das Comisións de Agricultura, de Pesca e de Sanidade. Tamén foi deputada na VIII e na IX Lexislatura. Nesta última foi portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario Popular e presidenta da Comisión de Pesca e Marisqueo.

Imaxe de Rosa Oubiña Solla

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Outubro de 2018
Martes
09
10:00
Xoves
11
11:00
Martes
16
12:00

Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

Outubro de 2018
Venres
19
10:40