saltar ao contido

Raquel Arias Rodríguez

Nacemento: Proendos-Sober (Lugo) - 1966

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de Lugo
Lugo
Contacto:

Biografía:

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Na XI lexislatura no Parlamento de Galicia foi vicevoceira do Grupo Popular e voceira de Política Social.

Na X lexislatura foi secretaria da Mesa do Parlamento e voceira do Grupo Popular nas áreas de Emigración, Dinamización Demográfica e na Comisión da CRTVG. De 2009 ata 2016 foi delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

Entre 1999 e 2009 foi alcaldesa de Sober, cargo que compaxinou co de deputada provincial (de 1999 a 2003 e de 2007 a 2008) e co de deputada por Lugo no Congreso dos Deputados (2008 e 2009).

No ámbito profesional, foi redactora de informativos en varios medios de comunicación radiofónicos e escritos de Galicia e responsable de gabinete de prensa.

Imaxe de Raquel Arias Rodríguez

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Marzo de 2024
Luns
18
11:00
saltar ao pe de páxina