Nacemento: Lugo - 1951
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 5515 10
Biografía:
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomado en Estudos Internacionais pola Escola Diplomática de Madrid, diplomado en Comunidades Europeas. Letrado da Xunta de Galicia, foi subdirector da Asesoría Xurídica Xeral.
Deputado no Parlamento Europeo desde 1994 ata 2009, foi presidente da Comisión de Pesca, vicepresidente da Comisión de Comercio Internacional e voceiro de Pesca e Seguridade Marítima do Grupo do PPE. Deputado do Parlamento de Galicia desde a VIII lexislatura, foi presidente da Comisión 2ª, de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos e da Comisión Permanente non Lexislativa para as relacións co Consello de Contas. Tamén foi portavoz do Grupo Popular en materia de Medio Ambiente e na Comisión de Asuntos Europeos.
Na X Lexislatura é presidente da Comisión permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas.