saltar ao contido

Francisco José Conde López

Nacemento: Monforte de Lemos - 1968

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de Lugo
Lugo
Contacto:

Biografía:

É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor, pola mesma institución académica, en Ciencias Económicas e Empresariais.

A súa traxectoria profesional desenvolveuse, entre 1995 e 2009, na Universidade CEU San Pablo, na que exerceu como profesor e ocupou diferentes responsabilidades como as de director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman, secretario do Instituto de Estudos Europeos e vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (2002-2004). En 2004 pasou a ocupar o posto de director de Relacións Institucionais desta mesma universidade, que desempeñou ata que, en 2005, foi nomeado vicerreitor deste mesmo departamento.

Entre 2009 e 2012 foi asesor do presidente da Xunta de Galicia. Desde decembro de 2012 ata decembro de 2016 foi conselleiro de Economía e Industria, e desde esa data ata a actualidade é conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

Imaxe de Francisco José Conde López

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Setembro de 2020
Martes
01
09:30
Xoves
03
11:30
Martes
08
12:00
saltar ao pe de páxina