Nacemento: Ribadeo - 1983
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981551510
Biografía:
Técnico agrícola sempre vencellado ao mundo rural, exerceu a súa profesión na Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA). Con anterioridade traballou nunha cooperativa do sector lácteo na Pastoriza (Lugo).
Foi presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo e na actualidade desempeña o labor de secretario de Organización do Partido Popular de Lugo desde o último Congreso Provincial no ano 2016. Desde 2019 exerce como portavoz municipal do PP de Ribadeo.
Accedeu ao Parlamento en novembro do 2016.
Na X lexislatura foi presidente da Comisión 7ª, de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, e voceiro de Gandaría.