Nacemento: A Coruña - 1968
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 45
Biografía:
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Coruña, exerce como profesora de lingua e literatura galega de ensino secundario desde 1996. Entre 1995 e 2000 foi coordinadora da Editorial Laiovento, secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) entre 2005 e 2020 e coordinadora territorial de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística entre 2007 e 2010.
É membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e do Instituto de Estudos Locais José Cornide. Académica correspondente da Real Academia Galega desde 2008. Autora de diversos ensaios de carácter divulgativo e investigación literaria, así como de varias obras de ficción, ten participado como relatora en múltiples foros de formación do profesorado, análise literaria, normalización e planificación lingüística aplicada aos contextos educativos.