saltar ao contido

Eduardo Ojea Arias

Nacemento: O Barco de Valdeorras - 1957

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de Ourense
Ourense

Biografía:

Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Profesor de Bioloxía, Física e Química dende 1985 ata 1997, no Colexio Pablo VI da Rúa.

Durante este período de tempo, tamén estivo habilitado como profesor de Educación Física.

Tamén impartiu clases na UNED-Valdeorras.

No ano 1997 aprobou as oposicións de Física e Química e exerceu de profesor durante o curso 1997-1998 no IES Lauro Olmo do Barco.

Dende o 1998 ata 2020 foi profesor de Física e Química no IES Marta Guisela do Barco. Dende 2015 ata 2020 foi xefe de estudos.

Formou parte activa do tecido asociativo, tanto cultural como deportivo, no concello do Barco. Foi xogador e adestrador no equipo de baloncesto da vila, co que participou en toda Galicia.

En 2002 foi membro fundador da asociación cultural A Figueiriña, dedicada á construción de lanchas tradicionais e á recuperación de artes tradicionais de pesca, no río Sil.

Dende 1999 ata 2015 foi membro do Grupo de Goberno do PSdeG, no Concello do Barco. Foi primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Medio Ambiente, Cultura e Turismo e portavoz municipal.

Creador das Xornadas Multiculturais, no Concello do Barco. Xuntanza das Pandillas, co gallo de atraer durante as festas patronais os veciños e veciñas que non viven no Barco se para se reencontraren cos seus. Festa do Botelo, recoñecida como festa de interese cultural, dende 2015.

Imaxe de Eduardo Ojea Arias

Grupo Partido Socialista de Galicia

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Setembro de 2022
Martes
13
10:00
Mércores
14
10:00

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Ser.

Setembro de 2022
Venres
16
10:30
saltar ao pe de páxina