Convocatoria de bolsas de formación

A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 5 de febreiro de 2018, resolveu anunciar a convocatoria para a concesión de 7 bolsas formativas co obxecto de realizar unha formación práctica nas materias de arquivo, biblioteca e documentación, comunicación institucional, publicacións, recursos técnicos e contratación e xestión parlamentaria, e 1 bolsa de formación de asistencia administrativa e servizos comúns para persoas con discapacidade intelectual.

As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.