saltar ao contido

Lexisla con Nós

Proxecto de lei de impulso demográfico de Galicia.

Proxecto de lei de impulso demográfico de Galicia. (11/PL-000003 ).

Opinións

1 - Escrito por Gamela o 11/11/2022 13:35

Enviamos no seu día este Plan de Reconstrucción para Galicia para que o Presidente da Xunta de Galicia o coñeza e poda tomalo en consideración e mellorar aqueles aspectos que precisen dunha maior concreción orzamentaria e lexislativa. Deberan coñecer este Plan de Reconstrucción os Grupos Parlamentarios para debatilo e melloralo dentro da Comisión de Reactivación Económica de xeito que o Executivo e as distintas Consellerías podan contar cun refrendo unánime dos grupos parlamentarios para a levalo á realidade concreta. Este Plan de Reconstrucción é fundamental para ter unha liña de actuación consensuada no IMPULSO DEMOCRÁFICO de Galicia para os próximos dez anos. Aquí deixo o texto do Plan de Recuperación para a súa difusión e estudo : https://i.gal/gam25 Abrindo as portas de Galicia á VIDA, todos gañamos VIDA !

2 - Escrito por Gamela o 11/11/2022 13:35

Como queda dito arriba o Plan de Reconstrucción é unha oportunidade única para facer real o que aquí se chama Proxecto de Lei de impulso demográfico de Galicia. Cunha pirámide poboacional envellecida e cun índice de fertilidade de 1,2 fillos por muller Galicia debe buscar solución fóra da propia comunidade para remontar a situación de cara a un futuro incerto principalmente nas provincias de Lugo e Ourense, na Costa da Morte e nas áreas máis interiores de Pontevedra e A Coruña. Nótese que a longo prazo a merirande parte da poboación inmigrante soe retornar ao país de orixe agás as segundas xeracións plenamente educadas e criadas en Galicia. Así que unha actuación decidida podería resultar máis que beneficiosa, urxente, para a recuperación demográfica, económica e social de Galicia. O Proxecto de Recuperación de Galicia 2020-2030 facilitaría así mesmo o retorno de poboación nova emigrada nos últimos anos da crise económica, fixando pobaoción no rural galego, e desenvolvendo sinerxias coa nova poboación inmigrante (solidariedade da emigración). Desenvolvemos en 8 puntos básicos o Proxecto de Recuperación: https://twitter.com/00Gamela/status/1331909794253451267 De xeito que Galicia poda ter un futuro sustentable e favorecedor do desenvolvemento da VIDA.

Engadir unha opinion

Cubra os campos do formulario e prema no botón enviar.

Os campos con * son obrigatorios.

* Aviso: Tras premer no botón Enviar se lle vai a enviar un correo electrónico cun enlace. Ata que non prema no enlace non se da por completada e rexistrada a solicitude.

saltar ao pe de páxina