saltar ao contido

Participación cidadá na Comisión de reactivación pola covid-19.

O Parlamento de Galicia vén de constituír a unha Comisión non permanente especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da covid-19, co obxectivo de propoñer unha estratexia fronte á crise derivada da pandemia e impulsar o desenvolvemento da Comunidade.

As persoas e entidades con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia poden presentar propostas ou suxestións congruentes cos obxectivos, contido e plan de traballo desta comisión a través do seguinte correo electrónico: reactivacion.covid@parlamentodegalicia.gal

Máis información sobre a Comisión de reactivación no seguinte enlace: http://www.parlamento.gal/Expedientes/11/SCNP-000005

Vídeos das sesións: http://mediateca.parlamentodegalicia.gal

saltar ao pe de páxina