saltar ao contido

Participación cidadá na Comisión sobre a seguridade viaria en Galicia.

O Parlamento de Galicia vén de constituír a Comisión non permanente especial de estudo sobre a seguridade viaria en Galicia, co obxectivo de pór en marcha un instrumento institucional na Cámara galega que sirva de foro de estudo e debate e ofreza propostas de solución para mellorar a seguridade viaria en Galicia e reducir a sinistralidade, co fin de rematar os traballos realizados nas IX e X lexislaturas.

A cidadanía pode presentar suxestións, inquedanzas e reflexións ao respecto da materia desta comisión no seguinte correo electrónico: seguridade.viaria@parlamentodegalicia.gal

Máis información sobre a Comisión de seguridade viaria en Galicia no seguinte enlace: http://www.parlamento.gal/Expedientes/11/SCNP-000003

Vídeos das sesións: http://mediateca.parlamentodegalicia.gal

saltar ao pe de páxina