Acto de entrega das medallas do Parlamento de Galicia 2021 á Xeración Nós
11,35 h. Sinaturas das persoas que recollen a medalla do Parlamento de Galicia no libro de honra, na Sala das Letras Galegas.
12,00 h.- Inicio do acto. No vestíbulo principal do Parlamento de Galicia.
• Lectura do acordo polo que se conceden estas Medallas a cargo da secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia.
• Intervención do presidente do Parlamento de Galicia
• Entregas das Medallas do Parlamento de Galicia á Xeración Nós e aos seus discípulos e colaboradores, que son recollidas polas fundacións que perpetúan a memoria dos seus fundadores:
o Fundación Otero Pedrayo. Recolle a Medalla Juan Luis Saco Cid.
o Fundación Castelao. Recolle a Medalla Carlos Mella Villar.
o Fundación Antón Losada Diéguez. Recolle a Medalla Ana Patricia Torres Madureira.
o Fundación Vicente Risco. Recolle a Medalla Celia Pereira Porto.
• Intervención do presidente da Xunta de Galicia
• Foto de familia no escenario do acto