saltar ao contido

O Consello de Contas entrega ao Parlamento os informes de fiscalización que completan o Plan de Traballo de 2013

Tamén entregou formalmente o Plan de Traballo do Consello de Contas para 2015
<p class='clearfix'></p>

Consello de Contas 20/02/2015

Santiago, 20 de febreiro de 2015.- O Conselleiro maior do Consello de Contas, Jesús Palmou, entregou formalmente este mediodía á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, o Plan de Traballo deste ente fiscalizador para o exercicio de 2015, así como os informes que completan o Plan de Traballo de 2013.
 
Trátase dos seguintes documentos:
 
- Informes de fiscalización das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, Santiago, Coruña, Ferrol, Tui, Vilagarcía, Ourense, Pontevedra e Vigo dos exercicios 2010 e 2011.
 
- Informe resumo de fiscalización das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación correspondente aos exercicios 2010 e 2011.
 
- Informe de fiscalización, Concello de Cangas, exercicio 2011.
 
- Informe de fiscalización da actividade concertada de diálese, exercicio 2012.
 
Estes informes completan todos os contemplados no Plan de
Traballo do Consello de Contas de 2013. Os restantes xa foron entregados con anterioridade ao Parlamento de Galicia.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina