saltar ao contido

O xeneral xefe da Forza Loxística Operativa despídese do presidente do Parlamento

Reunión 24/02/2016

Santiago, 24 de febreiro de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá ao xeneral xefe da Forza Loxística Operativa e representante institucional das Forzas Armadas en Galicia, Francisco Javier Abajo Merino, que acudiu á Cámara para  despedirse oficialmente antes de deixar ese cargo.
 
O presidente do Parlamento galego trasladou ao xeneral Abajo Merino os seus mellores desexos para a nova etapa que comezará en breve. 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina