saltar ao contido

O presidente do Parlamento de Galicia mantén unha reunión de traballo co presidente da COPREPA

Reunión 30/05/2016

Santiago, 30 de maio de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, mantivo este mediodía unha reunión de traballo co presidente da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos de España (COPREPA) e titular da Xunta Xeral do Principado de Asturias, Pedro Sanjurjo González, para preparar o Plenario desa organización, que se celebrará o vindeiro mes de xullo en Oviedo.

Despois dunha reunión inicial co presidente do Parlamento de Galicia, o titular da Xunta Xeral do Principado de Asturias tamén tivo ocasión de manter un encontro cos membros da Mesa e cos portavoces dos grupos parlamentarios da Cámara galega.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina