Visita 06/07/2016
- Trasladoulle a dispoñibilidade do Parlamento de Galicia para colaborar na divulgación das políticas comunitarias
Santiago, 6 de xullo de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá, no seu despacho da Cámara, á correspondente económica da Representación da Comisión Europea en España, Ann Westman, que posteriormente compareceu ante a Comisión Permanente non Lexislativa para Asuntos Europeos.
Durante o encontro, Santalices interesouse polo traballo que desenvolve a Representación da Comisión Europea en España e trasladoulle a dispoñibilidade do Parlamento de Galicia para colaborar na divulgación das políticas comunitarias.