saltar ao contido

Políticos mexicanos coñecen o Parlamento de Galicia

Visita 08/09/2016

Santiago, 8 de setembro de 2016.- Un grupo de xoves políticos mexicanos  que se atopan de visita en Galicia desprazáronse esta mañá ao Parlamento autonómico, onde mantiveron unha xuntanza de traballo co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
Durante o encontro, o presidente do Parlamento de Galicia explicoulles o funcionamento da primeira institución da Comunidade Autónoma e respondeu ás preguntas dos participantes no encontro.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina