saltar ao contido

Santalices alenta a autoestima galega e sinala que “sobran razóns para presumir do que somos e do que temos”

Exposición-homenaxe 01/12/2017

• O presidente do Parlamento participou na inauguración dunha exposición de homenaxe a Alfonso Sucasas no Museo de Belas Artes da Coruña
 
Santiago, 1 de decembro de 2017.- “En ocasións de máis, os galegos pecamos de exceso de victimismo, dunha baixa autoestima, cando a realidade é que sobran razóns para presumir do que somos e do que temos”. Así o manifestou esta tarde o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, no transcurso do acto inaugural cunha exposición de homenaxe a Alfonso Sucasas no Museo de Belas Artes da Coruña.
 
Para sustentar esta afirmación, Santalices lembrou, a modo de exemplo, que Galicia alberga a sede da principal multinacional téxtil do mundo e que conta con artistas de talla internacional, como Alfonso Sucasas, protagonista da mostra aberta hoxe. “Hoxe falamos de Sucasas –dixo-, pero poderiamos falar de moitos máis, varios deles vivos e con presenza e cotización nos máis destacados circuítos da arte internacional”.
 
O presidente do Parlamento definiu a Sucasas como un “artista galego de proxección universal, un clásico contemporáneo da plástica galega” e felicitou  á Consellería de Cultura por organizar a mostra e á cidade da Coruña  por acollela.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina