saltar ao contido

A pintora arousá Marisa Redondo doa un cadro ao Parlamento de Galicia

Doazón 13/02/2018

Santiago, 13 de febreiro de 2018.- A pintora arousá Marisa Redondo Sayáns vén de doar un cadro da súa autoría ao Parlamento de Galicia. A doazón formalizouse este mediodía na Cámara galega, onde a pintora e mailo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, asinaron o documento co que se formaliza a cesión.
 
A obra pictórica doada ao Parlamento foi elaborada mediante técnica mixta sobre óleo, leva por título Calma al ocaso 2017 e mide 80 x 100 cm.
 
O presidente da Cámara agradeceu a xenerosidade da pintora arousá e adiantou que o cadro pasará a formar parte dos fondos do Parlamento de Galicia, institución que posúe unha completa colección de arte galega contemporánea, integrada fundamentalmente por pintura e escultura. A pintura doada por Marisa Redondo será exhibida nas dependencias do Pazo do Hórreo.
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina