O presidente do Parlamento participa na celebración do Día Mundial da Cruz Vermella presidido pola Raíña

Día Mundial da Cruz Vermella 08/05/2018

 

Santiago, 8 de maio de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, asistiu esta mañá ao acto central de celebración do Día Mundial da Cruz Vermella e da Media Luna Vermella 2018, presidido pola Raíña Dona Letizia no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
 
Paralelamente, e como ven sendo tradicional, persoal da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella de Santiago de Compostela desprazouse hoxe á sede do Parlamento de Galicia para vender boletos do sorteo do ouro.
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas