saltar ao contido

Deputados da prefectura xaponesa de Ehime visitan o Parlamento de Galicia

Camiño de Santiago 21/05/2018


 
• A delegación nipona visita a Comunidade para coñecer a experiencia galega de cara a lograr que o Camiño de Shikoku sexa declarado Patrimonio da Humanidade
 

Santiago, 21 de maio de 2018.- Unha delegación de deputados da prefectura xaponesa de Ehime (pertencente á rexión de Shikoku) visitou esta tarde o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
A visita enmárcase no interese da delegación nipona por coñecer a experiencia galega en relación co Camiño de Santiago, dado o seu interese en lograr que o Camiño de Shikoku sexa declarado Patrimonio da Humanidade, unha distinción que a Ruta Xacobea posúe desde o ano 1993, cando foi inscrita na Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina