Santiago, 5 de setembro de 2020.- O Parlamento de Galicia acolleu este mediodía o acto de toma de posesión como presidente da Xunta de Galicia na XI Lexislatura.
O acto celebrouse no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia, onde o titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, deu lectura ao Real Decreto polo que se nomea presidente da Xunta de Galicia a Alberto Núñez Feijóo.
De seguido, Núñez Feijóo prometeu o seu cargo como presidente da Xunta e tomou a palabra nun acto organizado respectando distancia social e outras medidas orientadas a previr a propagación da coviD-19.
De feito, ao Salón dos Reis accedeu só a cuarta parte dos convidados que tradicionalmente se daban cita neste mesmo espazo noutras tomas de posesión, mentres que as restantes persoas se situaron noutra sala, nos corredores e no patio interior do pazo do Hórreo, onde seguiron o desenvolvemento do acto a través de pantallas.
O acto rematou coa interpretación do Himno de Galicia.
O vídeo do acto está dispoñible no seguinte enlace:
http://mediateca.parlamentodegalicia.es/library/items/acto-toma-posesion-presidente-xunta-galicia-2020-09-05--1 Saúdos, Gabinete de Comunicación.