saltar ao contido

A valedora do Pobo entrega ao Parlamento de Galicia o Informe ordinario de 2020

Valedora do Pobo 18/06/2021


Santiago, 18 de xuño de 2021.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá da  valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, o Informe ordinario da institución correspondente ao exercicio de 2020.
 
Coa entrega do Informe do Valedor do Pobo ao Parlamento de Galicia. Ano 2020, comeza a tramitación parlamentaria do documento, que previsiblemente será cualificado pola Mesa da Cámara da vindeira semana, continuará cunha comparecencia da valedora ante a Comisión de Peticións e rematará cunha comparacencia da valedora ante o Pleno do Parlamento de Galicia.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina