saltar ao contido

O embaixador de Eslovenia en España visita o Parlamento de Galicia, coincidindo co 30 aniversario das relacións diplomáticas entre os dous países

Visita do embaixador de Eslovenia 29/03/2022

Santiago, 29 de marzo de 2022.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía no seu despacho da Cámara ao embaixador de Eslovenia en España, con quen fixo votos polo fortalecemento das relacións entre os dous países no marco da Unión Europea da que forman parte.
 
O Reino de España recoñeceu a República de Eslovenia o 15 de xaneiro de 1992. Seguidamente, o 25 de marzo de 1992, hai 30 anos, os dous países estableceron relacións diplomáticas.
 
Nun escenario internacional convulso, Santalices apostou, na entrevista co embaixador esloveno, polo reforzamento do proxecto europeo a partir de valores universais como a promoción dos dereitos humanos, o respecto á diversidade e o estado democrático de dereito.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina