11/04/2024
Santiago, 11 de abril de 2024.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixou esta tarde a Alfonso Rueda Valenzuela como presidente da Xunta de Galicia, dando por concluída a sesión de investidura que comezou o pasado martes.
O candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta resultou elixido por maioría absoluta, con 40 votos a favor, 34 en contra e unha abstención.
Rematado o escrutinio, o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, proclamou presidente da Xunta de Galicia a Alfonso Rueda Valenzuela.
O presidente do Parlamento comunicará a elección á súa maxestade El-Rei, para o nomeamento de Alfonso Rueda Valenzuela como presidente da Xunta, conforme ao disposto no artigo 18 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia.
O referido artigo sinala: “Se o Parlamento outorga a súa confianza ao candidato, o presidente comunicarao a El-Rei para o seu nomeamento, mediante Real Decreto que se publicará no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia".
A comunicación -un documento con sinatura electrónica– enviarase esta mesma tarde por medios telemáticos.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.