E ti, vés ao Parlamento?

Compartir Compartir

O Parlamento de Galicia abre as súas portas a todas aquelas persoas que queiran coñecer a organización e as funcións da cámara lexislativa galega e aprender sobre elas e sobre a historia da súa sede, o Pazo do Hórreo.

Video de presentacion de E ti, vés ao Parlamento?

Os cidadáns e cidadás interesados en visitar a institución poden facelo participando nas nosas visitas guiadas para grupos ou particulares con reserva previa ou durante o día de portas abertas.

E ti, vés ao Parlamento? Elixe a túa modalidade de visita.

Coñece as túas institucións

Visitas guiadas para grupos escolares de 5º - 6º de Primaria e 1º-2º da ESO de centros de titularidade pública da comunidade autónoma.

Máis información

Vén visitarnos

Visitas guiadas para grupos ou particulares con reserva previa.

Máis información

Día de portas abertas

Visitas guiadas sen cita previa todos os luns ás 10:00, 12:00 e 16:30, agás días festivos e xornadas concretas por actos parlamentarios e institucionais.

* O día da visita deberán presentar o documento acreditativo de identidade e acudir un mínimo de 10 minutos antes da quenda seleccionada para inscribirse no vestíbulo de entrada.

Avisos

20/08/2018 Non dispoñibles quendas
27/08/2018 Non dispoñibles quendas

Coñécenos a traves da web

Pode ver o video divulgativo sobre o Parlamento de Galicia:

Coñécenos

Tamén pode realizar unha visita virtual ao Parlamento de Galicia sen saír da casa.