Video en lingua de signos de visitas guiadas
Visitar o Parlamento de Galicia é o mellor xeito de coñecer o labor que desempeñan as deputadas e deputados como representantes do pobo galego.
Durante este percorrido de 1 hora de duración, os grupos aprenderán sobre as funcións, a organización e a historia da institución da man dos nosos guías; accederán ás dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis ou o hemiciclo; visitarán as salas onde acontece a actividade institucional diaria e, os días de sesión plenaria, poderán asistir a parte desta desde a tribuna do público.
Ademais, co obxectivo de facilitar o traslado ata Santiago de Compostela, Renfe e o Parlamento de Galicia ofrecen descontos do 40 % a grupos organizados que viaxen en tren para visitaren a sede lexislativa galega.
Poden consultar a operativa aplicable no seguinte enlace:
Cubre o seguinte formulario, concerta a túa visita e ven visitarnos.