Acordos da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 16 de marzo de 2017

A Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 16 de marzo de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 3091 (10/PNC-000303)
Grupo Parlamentario de En Marea
Merlo Lorenzo, Juan José e Casal Vidal, Francisco
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego das medidas necesarias para fomentar e protexer a competitividade do comercio de proximidade
BOPG n.º 48, do 19.01.2017
 
Sométese a votación a transacción cunha emenda in voce proposta polo G.P. Popular de Galicia e resulta aprobada, con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a acometer as medidas necesarias para fomentar e protexer, dunha forma eficaz e duradeira, a competitividade do comercio de proximidade, en especial dos mercados e prazas de abastos de Galicia, de modo que sexan, non só canles da comercialización dos produtos locais e do país, senón tamén, beneficiarios das iniciativas que se desenvolvan neste sentido".
 
- 5637 (10/PNC-000540)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 8 máis
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego das actuacións precisas para dotar de servizos de banda larga ultrarrápida aquelas empresas illadas, asentadas no medio rural, que se atopen en situación de desigualdade dixital fronte ás situadas en zonas máis urbanas
BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia doc. núm. 6722 e resulta aprobada, con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia á posta en marcha de actuacións que permitan dotar de servizos de banda larga ultrarrápida a aqueles autónomos ou empresas illadas situadas no rural que se atopan en situación de desigualdade dixital fronte ás empresas das zonas máis urbanas".

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

VENRES 15
decembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
<< novembro| xaneiro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 15/12/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408