O Parlamento de Galicia presenta material didáctico orientado a educación Infantil e Primaria protagonizado polos Bolechas

 
• O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, presenta a iniciativa a un grupo de preto de 400 nenos e nenas escolarizados en centros das catro provincias e que hoxe tiveron ocasión, ademais, de coñecer a sede do Parlamento cunha serie de visitas guiadas
 
• O Parlamento promociona o programa de visitas guiadas e convida especialmente á comunidade escolar a coñecer a sede do poder lexislativo
 
Santiago, 17 de marzo de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, presentou esta mañá  o material divulgativo elaborado pola Cámara para dar a coñecer a primeira institución de Galicia e os valores do parlamentarismo democrático entre as nenas e nenos galegos que cursan Educación Infantil e Primaria. O material está protagonizado polos Bolechas, dada elevada aceptación desta serie de debuxos animados entre a infancia galega.
 
O acto serviu tamén para divulgar o programa de visitas guiadas á sede do Lexislativo galego, unha iniciativa que o Parlamento quere potenciar, especialmente entre a comunidade escolar.
 
Na presentación participaron preto de 400 nenas e nenos escolarizados en centros das catro provincias galegas, que, entre outras actividades, tiveron ocasión de coñecer a sede do Parlamento de Galicia nunha serie de visitas guiadas durante as que recibiron explicacións sobre o funcionamento do Lexislativo autonómico.
 
Espertar o interese dos máis novos polo Parlamento
 
A partir de hoxe, todos os centros educativos de Galicia que impartan Educación Infantil e Primaria recibirán en soporte dixital, un capítulo da serie Os Bolechas ambientado no Parlamento de Galicia e que trata de espertar o interese dos máis novos en relación cos valores democráticos e o papel central do Parlamento no sistema institucional da Comunidade Autónoma. O envío incluirá, ademais, unha guía didáctica orientada ao profesorado, pero tamén de utilidade para as familias. O material tamén se publicará na web do Parlamento, onde os máis novos terán á súa disposición material interactivo como xogos e debuxos, deseñados para familiarizar as nenas e nenos co Parlamento de Galicia.
 
O titular da Cámara galega, Miguel Ángel Santalices Vieira, confesou  que o de hoxe foi un acto especial e gratificante.
 
“Entrastes pola porta que só se abre cando veñen personalidades importantes”, afirmou o presidente do Parlamento á rapazada presente, á que explicou que na Cámara se fala e toman decisións sobre cuestións que afectan a todos, como os colexios, as materias de estudo, a lingua, os hospitais ou os centros de saúde.
 
“Encantados de que veñades ao Parlamento”
 
“Estamos encantados de que veñades ao Parlamento”, indicou Miguel Ángel Santalices Vieira, quen sinalou que o de hoxe é “un día de ledicia para todos”. O presidente que Parlamento agradeceu o labor dos mestres e mestras, ao tempo que animou a nenas e nenos a estudar, e tamén a facer unha vida sana e practicar deporte.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

DOMINGO 26
marzo de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< febreiro| abril >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 26/03/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408