Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 23 de maio de 2017

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 23 de maio de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 16 de maio de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, de iniciativa lexislativa popular, para a creación do hospital público e único de Pontevedra mediante a ampliación do Hospital Montecelo (doc. núm. 50812, 09/PPLI-000014)
 Publicación da admisión a trámite e constitución da Comisión Promotora, BOPG n.º 671, do 06.07.2016
 Publicación  BOPG n.º 93, do 30.03.2017
 
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. de En Marea, de  reforma do Regulamento (doc. núm. 6438, 10/PPLR-000001)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 83, do 15.03.2017
 
Punto 2. Comparecencia
 
 9119 (10/CPP-000021)
 Do Sr. conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar do novo modelo de atención en Atención Primaria
 
Punto 3. Moción
 
 9055 (10/MOC-000031)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula e Villares Naveira, Luis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación cos datos referidos á pobreza infantil. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 2459, publicada no BOPG n.º 36, do 28.12.2016, e debatida na sesión plenaria do 09.05.2017)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 

4.1 1245 (10/PNP-000111)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 4 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da mellora e clarificación da regulación da publicidade sanitaria, no relativo a centros, establecementos, bens e servizos para evitar anuncios enganosos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 23.11.2016
 
4.2 5577 (10/PNP-000473)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Antón Vilasánchez, María Ángeles e 8 máis
 Sobre o mantemento e promoción pola Xunta de Galicia das axudas na Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago, como mínimo, ata o ano 2020
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
4.3 8075 (10/PNP-000746)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas prácticas comerciais que están a levar a cabo as compañías distribuidoras de electricidade para contratar ou trasladar os seus clientes ao mercado libre da enerxía eléctrica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 26.04.2017
 
4.4 8157 (10/PNP-000754)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre o traslado pola de Xunta de Galicia ao Congreso dos Deputados da solicitude de constitución dunha comisión parlamentaria de investigación sobre as causas do accidente ferroviario acontecido en Angrois-Santiago o 24 de xullo de 2013, así como sobre as condicións de seguridade na rede ferroviaria de alta velocidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 109, do 03.05.2017
 
4.5 8481 (10/PNP-000796)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Quiroga Díaz, José Antonio e Pérez Seco, José Manuel
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto e as perdas económicas ocasionadas polas xeadas acaecidas a finais do mes de abril de 2017 ao sector vitivinícola das distintas denominacións de orixe nas provincias de Lugo e Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
4.6 8545 (10/PNP-000800)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos danos ocasionados pola xeada no viñedo, na noite do 26 ao 27 de abril de 2017, nas provincias de Lugo e Ourense, principalmente nas zonas das denominacións de orixe do Ribeiro, a Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
4.7 8571 (10/PNP-000803)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 2 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central, así como a actuación que debe levar a cabo en relación coa situación política e social que se está a vivir en Venezuela, e, nomeadamente, a das persoas galegas emigrantes nese país
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
4.8 8618 (10/PNP-000808)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación co investimento previsto no Programa de Estabilidade de España 2017-2020 para o rescate de diversas autoestradas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 7030 (10/INT-000292)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a política de urxencias médicas e emerxencias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 92, do 29.03.2017
 
5.2 8005 (10/INT-000335)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre as instrucións ditadas para a realización, no curso 2016-2017, das probas de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 26.04.2017
 
5.3 8666 (10/INT-000369)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e 13 máis
 Sobre a elaboración do novo Mapa de transportes de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 10.05.2017

Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta

 
6.1 9120 (10/POPX-000034)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para evitar a venda por Ferroatlántica das centrais hidroeléctricas do río Xallas
 
6.2 9167 (10/POPX-000035)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre as consecuencias para Galicia das decisións do Goberno central en materia de infraestruturas
 
6.3 9168 (10/POPX-000036)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre os intereses defendidos polo Goberno galego nas decisións referidas aos temas transcendentes para Galicia
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
 
7.1 6091 (10/POP-000797)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 7 máis
 Sobre as actuacións concretas que está a levar a cabo a Unidade de Policía Adscrita no ámbito da protección ás mulleres vítimas de violencia de xénero
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 84, do 16.03.2017
 
7.2 9131 (10/PUP-000082)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pérez Seco, José Manuel e 2 máis
 Sobre a posición do Goberno galego respecto do requirimento da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia en relación co Decreto 12/2017, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia
 
7.3 7087 (10/POP-000917)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Castiñeira Broz, Jaime e 6 máis
 Sobre os novos programas postos en marcha ou previstos polo Goberno galego en materia de vivenda
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 97, do 06.04.2017
 
7.4 7931 (10/POP-001027)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e 2 máis
 Sobre a estratexia da Xunta de Galicia en relación coas intencións da empresa Ferroatlántica de vender as súas centrais hidroeléctricas nos ríos Xallas e Grande
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 106, do 27.04.2017
 
7.5 3293 (10/POP-000391)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre o asentamento de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
 
7.6 9170 (10/PUP-000084)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da suficiencia do prazo e da información facilitada aos centros para a realización e preparación no curso escolar 2016-2017 das probas das reválidas en educación primara previstas na LOMCE
 
7.7 7591 (10/POP-000982)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e Vázquez Verao, Paula
 Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para o desdobramento e traslado da Atención Primaria do Centro de Saúde da Milagrosa ás instalacións do antigo Hospital Xeral, no barrio da Residencia de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 20.04.2017
 
7.8 9130 (10/PUP-000081)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para darlle resposta ás demandas dos doentes que padecen Atrofia Muscular Espiñal, en especial, no referido á administración do novo fármaco denominado Nusinersen/Spinraza
 
7.9 4677 (10/POP-000583)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
 Sobre as razóns da demora do pagamento dos seus servizos ao persoal que desenvolveu o labor docente establecido no Plan de formación continuada no agro galego 2016
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 67, do 16.02.2017
 
7.10 9140 (10/PUP-000083)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 González Vázquez, José e 6 máis
 Sobre a avaliación da Consellería do Medio Rural respecto dos efectos das xeadas da última semana de abril de 2017 no sector vitivinícola galego, así como as medidas que se están a adoptar para paliar os danos causados aos viticultores
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2017
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes Relacionadas

Xunta portavoces 16-05

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

VENRES 24
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 24/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408