Acordo da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 19 de maio de 2017

A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 19 de maio de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 409 (10/PNC-000014)
Grupo Parlamentario de En Marea
Lago Peñas, José Manuel e 12 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para promover de xeito inmediato unha aplicación informática que garanta o uso normal do galego na Administración de xustiza de Galicia
BOPG n.º 6, do 03.11.2016
 
Sométese a votación a transacción  coa emenda do G.P. Popular de Galicia doc. núm. 9294 e resulta aprobada, con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Xustiza en demanda de:
 
1.º Cesión dos códigos fonte do sistema de xestión procesual que permitan, se é técnicamente posible, xerar una versión da aplicación en galego, que permita tramitar integramente nesta lingua os procedementos xudiciais.
 
2.º Que de futuro, as solucións tecnolóxicas que se están a desenvolver no eido da xustiza dixital e susceptibles de transferencia tecnolóxica, contemplen solucións multilinguaxes que garantan un expediente xudicial e fiscal electrónico respectuoso con dereitos lingüísticos da cidadanía e da plena vixencia da cooficialidade lingüística."

Imaxes Relacionadas

Comisión 1ªComisión 1ª Institucional

Outras novas


Emisións en directo

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

VENRES 26
maio de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 26/05/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408