Unha delegación da illa xaponesa de Shikoku visita o Parlamento de Galicia

 
• Foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Santalices, que lles amosou a sede do Lexislativo galego
 
Santiago, 21 de xullo de 2017.- Unha delegación da illa xaponesa de Shikoku visitou esta mañá o Parlamento de Galicia dentro do programa que están a desenvolver na Comunidade Autónoma para coñecer a experiencia galega de promoción do Camiño de Santiago de cara a lograr a inscrición do Camiño de Shikoku como Patrimonio Mundial.
 
A delegación foi recibida polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, que lles explicou o funcionamento da institución e amosou, durante unha visita polas instalacións, a sede do lexislativo galego.
 
A visita desta delegación coincide coa chegada a Santiago da exposición “O Camiño de Shikoku”, organizado polas catro prefecturas desta illa xaponesa xunto cos rede de templos do Camiño de Shikoku, coa colaboración do Xacobeo e Turismo de Galicia. A exposición  estará aberta no Museo das Peregrinacións e de Santiago desde o 21 de xullo ata finais de setembro.
 
A delegación está encabezada por Akira Chiba, presidente do Consello do Camiño de Shikoku para a inscrición no Patrimonio Mundial e presidente da Federación Económica de Shikoku, e por Kyozen Obayashy, presidente do Consello dos 88 templos de Shikoku e sacerdote maior  do templo de
Koyamaji.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Erro ó carga-la páxina. Error en el servidor remoto: (503) Servidor no disponible.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408