Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 12 de setembro de 2017


 
3.3 12711 (10/MOC-000043)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co financiamento do Fondo de Compensación Interterritorial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156, do 02.08.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a  que, unha vez concluída a reforma do sistema de financiamento actualmente en proceso, demande do Goberno de España o inicio dun proceso de diálogo coas Comunidades Autónomas para a reforma legal do Fondo de Compensación Interterritorial, de xeito que a nova regulación contemple:
 
1. A transformación do actual FCI (Fondo xeral e Fondo complementario) nun instrumento potente de desenvolvemento rexional que poida compensar a eventual perda de fondos europeos.
 
2. O incremento substancial do volume de recursos a aplicar ao novo Fondo, de xeito que se estableza nunha porcentaxe do PIB que permita alcanzar como mínimo as dotacións do período 2000-2007.
 
3. A consideración do gasto non financeiro da Administración Xeral do Estado como base de cálculo, para elevar a estabilidade dinámica (reducir a variabilidade cíclica) do novo  Fondo.
 
4. O criterio de selección das comunidades beneficiarias, que debe ser o nivel de renda por habitante inferior ao promedio español.
 
5. Unha reconsideración dos criterios de asignación dos recursos do novo Fondo entre as comunidades beneficiarias, que manteña un compoñente redistributivo (poboación ponderada pola inversa do nivel relativo da renda por habitante de cada comunidade) e un compoñente distributiva  que inclúa variables territoriais que reflictan o asentamento poboacional.
 
6. O Consello de Política Fiscal ou Financeira ou organismo que o poida substituír  establecerá as grandes liñas estratéxicas de actuación para o novo Fondo en cada período, compatibles coa planificación estratéxica das ccaa destinatarias do mesmo –establecida a partir das decisións de cada Parlamento-.
 
7.  Incorporar unha ferramenta de avaliación exante e ex-post dos programas en que se concreta a estratexia de cada comunidade”.
 
 
 
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

VENRES 24
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 24/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408