Beatriz Mato Otero
Barakaldo  1965

É enxeñeira industrial, con especialidade en Organización Empresarial, pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao, e obtivo o máster de Dirección e Administración de Empresas da Escola de Negocios MBA, homologada pola Universidade da Coruña. No ano 1989, como técnica de sistemas da multinacional IBM, iniciou a súa traxectoria profesional no sector privado.

En 1994 pasa a formar parte do Igape, no que, a partir de 2000 exerceu como delegada da súa oficina territorial na Coruña. No ano 2002 incorpórase á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos como delegada provincial desta na Coruña. Desde 2009 ata 2015 foi conselleira de Traballo e Benestar e desde outubro dese mesmo ano é conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Afiliada ao PPdeGalicia desde o ano 1995, actualmente é vicepresidenta do PP na Coruña. No ano 2005 ingresou como deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia. Nesa VII lexislatura ocupou a portavocía de Traballo.


Contacto:
Partido Popular
Foto de BeatrizMato Otero
Circunscrición de A Coruña

Asistencias ós órganos parlamentarios

Pleno do Parlamento

  • Deputada na reunión do martes, 07 de marzo de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do mércores, 08 de marzo de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do martes, 21 de marzo de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do mércores, 22 de marzo de 2017, ás 10:00

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408