Francisco Conde López
Monforte de Lemos  1968

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor, pola mesma institución académica, en Ciencias Económicas e Empresariais.

A súa traxectoria profesional desenvolveuse, entre 1995 e 2009, na Universidade CEU San Pablo, na que exerceu como profesor, e ocupou diferentes responsabilidades como as de director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman, secretario do Instituto de Estudos Europeos e vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (2002-2004). En 2004 pasou a ocupar o posto de director de Relacións Institucionais desta mesma universidade, que desempeñou ata que, en 2005, foi nomeado vicerreitor deste mesmo departamento.

Entre 2009 e 2012 foi asesor do presidente da Xunta de Galicia ata que o presidente Feijóo o nomeou conselleiro de Economía e Industria. Na remodelación da Xunta que se produciu en outubro de 2015, a súa consellería incorporou tamén as competencias en materia de emprego.

Cabeza de lista do PPdeG por Lugo nas eleccións autonómicas do 2016.


Contacto:
Partido Popular
Foto de FranciscoConde López
Circunscrición de Lugo

Asistencias ós órganos parlamentarios

Pleno do Parlamento

  • Deputado na reunión do martes, 26 de setembro de 2017, ás 10:00
  • Deputado na reunión do mércores, 27 de setembro de 2017, ás 10:00
  • Deputado na reunión do mércores, 04 de outubro de 2017, ás 10:00
  • Deputado na reunión do venres, 06 de outubro de 2017, ás 11:00

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408